Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
galego castellano english
Utopías pra camiñar
de xira por comunidades e ecoaldeas

REDFIELD COMMUNITY

www.redfieldcommunity.org.uk
+44 (0) 1296713661

As súas edificacións, de época victoriana, datan dos séculos XVIII-XIX e están rodeadas de pastos, bosque e terras de cultivo. Inicialmente construído pra unha familia rica, posteriormente utilizouse como hospital e como base de operacións do "proxecto Enigma" na Segunda Guerra Mundial, ata que dende 1978 é o fogar dunha comunidade intencional, contando actualmente cunhas 20 persoas adultas e vari*s menores.

A casa principal ten tres pisos e unhas 50-60 habitacións. No primeiro piso están as dependencias comúns e nos outros dous as privadas. Ademais, hai antigos establos reconvertidos en obradoiros, almacéns e base do proxecto Lili (reseñado ao final). A estructura legal é a dunha cooperativa completamente mutua de vivenda ("fully mutual housing co-operative"), o que entre outras cousas significa que os seus membros son ao mesmo tempo propietarios e arrendatarios (ver comparativa entre distintas comunidades e tipos de estructura legal). Atópase no condado de Buckinghamshire.

Cada unidade convivencial (individuos, parellas, familias...) dispón de espacios privados, pagando un aluguer segundo a dimensión dos mesmos. Estes espacios asígnanse en función das necesidades e a disponibilidade, aínda que ningún é ocupado permanentemente, puidendo ter que recurrir a cambiar de vivenda dentro da propia casa. Fan todas as comidas e ceas conxuntamente, rotando nas tarefas de cociñar e fregar. Tamén comparten a meirande parte do gasto de comida, os traballos comúns na horta, a limpeza xeral e o necesario mantemento dunha casa tan grande e antiga. Varios membros teñen traballos a tempo parcial no exterior e *s nen*s acuden a escolas locais.

Conscientes do interese e a curiosidade que despertan en moita xente estes estilos de vida, contan con varios xeitos de visitar Redfield: voluntari*-wwoofer, días especiais de visita, fins de semana “Vivindo en comunidades” e semanas de mantemento.

Teñen instalados paneis solares cos que quentar e almacenar auga e algún wc-compost. Ademais de cultivar a horta, coidan galiñas, ovellas, porcos, abellas, e gatos! A dieta é predominantemente vexetariana, con algunhas comidas omnívoras e numerosas tartas de cumpreanos. Alí fixen por vez primeira tortilla de patacas pra 20 persoas. Hai acceso a internet e teléfono na oficina. Á parte de inglés, varias persoas falan tamén alemán.

Nos últimos anos Redfield acolleu a xuntanza xeral anual de WWOOF, a conferencia europea de Permacultura e o torneo de voleibol intercomunitario.

Este foi o meu primeiro destino en Inglaterra, e a primeira sorpresa foi ver que había unha parada de bus xusto na entrada da finca, cousa que nunca me pasara antes: que o transporte público chegase ás portas desta clase de sitios. Afortunadamente, non sería a última vez... Semella un lugar ideal pra criar nen*s: saudable, en contacto coa natureza, espaciosos interiores e exteriores, seguro, convivindo e medrando con outr*s nen*s e outr*s adult*s ademais de nai e/ou pai... Parte das miñas horas libres paseinas xogando ao billar e saltando en cama elástica. Pra que te fagas unha idea, algunhas das tarefas nas que colaborei foron: transportar troncos en tractor, cortar madeira, desmontar o canalón dun tellado, facer pan, quitar malas herbas, restaurar ventás de madeira, cociñar, fregar os pratos, recolectar diversos productos da horta, etc. Unha das semanas coincidiu coas periódicas “semanas de mantemento”, compartida con membros potenciais.

A cociña e a adxacente sala de almorzar (e de xantar habitualmente) conforman o centro da vida comunitaria. Ao existir un alto grao de espacios, tarefas e intres en común, é como unha gran familia convivindo nunha gran casa. Nas súas propias palabras, “atopamos que o resultado deste xeito de vida é tan grande e positivo como o esforzo que poñemos nel”.

Algúns membros traballan na organización LILI organizando cursos e publicando materiais acerca de recursos pra unha vida cun baixo impacto ambiental. Posteriormente entereime na web da comunidade que outro membro ten un negocio de tendas de campaña e que outro máis estivera viaxando varios anos visitando ducias de comunidades por todo o mundo.

En Redfield coñecín ao pamplonica Vicente e, aínda que só fose por unhas poucas horas, quedeime coa impresión de que era algo así como unha “alma paralela” á miña. Explícome... Resulta que hai uns poucos anos el comezara a visitar comunidades inglesas como estaba facendo eu, sendo Redfield o seu primeiro destino tamén. Aquí coñecera a unha xente que ten un negocio de restaurante-pizzería móbil que vai de festival en festival ao longo do verán, e traballou con el*s. O vindeiro verán comezará un novo negocio similar con outra xente. Recomendoume o que calificaba de “paraíso” e ía ser o meu último destino –Grimstone Manor-, mágoa que estaban desfacendo e vendendo o proxecto. En fin, como titulaba un dos últimos correos-e que me enviou, quizais tanto el coma min sexamos “outro tolo máis que busca”.


BUS: parada propia na liña Aylesbury-Buckingham

ESTANCIA: 5-18 setembro’06

Membro WWOOF. Incluído en Eurotopia.

Enlace a FOTOS

Luns, 01 de Xaneiro de 2007
Por: s_d_xira | Inglaterras | Comentarios (0) | Referencias (0) | 203 Lecturas

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Búsqueda

Arquivos

Comentarios

Fotos

www.flickr.com
Fotos no flickr de Utopías para Caminar. Fao o teu propio álbum aquí.

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Creative Commons
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons.

ecoestadistica.com
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009