Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
galego castellano english
Utopías pra camiñar
de xira por comunidades e ecoaldeas

Presentación

Ante un sistema que antepón o beneficio económico a todo o demais; onde as diferencias entre riqueza e pobreza son abismais, increméntanse e pra que exista a primeira é necesaria a segunda; onde a democracia real brilla pola súa ausencia e a xente ten unha limitada capacidade de decisión sobre o que lle concerne; onde a alienación mediante o mercado laboral e o consumismo pretende converternos en meros instrumentos que usar e tirar; onde o dano feito ao planeta nunca fora maior e o consumo de recursos condúcenos ao seu agotamento...

Ante tal situación, xurden alternativas como as descritas nestes cadernos de viaxe, que non son nin pretenden ser as únicas nin a solución a todos os problemas por si soas, aínda que si constitúen experiencias reais que poden dar ideas de como afrontalos. Tamén amosan que son factibles outros xeitos de vivir e de relacionarse máis xustos e beneficiosos para todo o mundo.

Trátase dunha serie de lugares que levo visitando, información obxectiva e subxectiva sobre eles, xunto con algunhas imaxes dos mesmos. Distintas maneiras de levar á práctica ideas afins dende diferentes puntos de partida.

En introducción e ficha modelo descríbense características comúns a todas as comunidades e ofrécese unha guía do contido das fichas.

Que che cunda a navegación ! ! !

Luns, 01 de Xaneiro de 2007
Por: s_d_xira | Varios | Comentarios (0) | Referencias (0) | 125 Lecturas

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Búsqueda

Arquivos

Comentarios

Fotos

www.flickr.com
Fotos no flickr de Utopías para Caminar. Fao o teu propio álbum aquí.

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Creative Commons
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons.

ecoestadistica.com