Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
galego castellano english
Utopías pra camiñar
de xira por comunidades e ecoaldeas

Comparativa entre comunidades (tipos e estructuras de comunidade)

Texto baseado no dossier “Living in communities” de Redfield (atopado e fotocopiado en Braziers Park). Os termos descritos corresponden aos utilizados en Gran Bretaña, polo que quizais algún non teña equivalente noutros territorios, aínda que considero que dan boa conta dos distintos modelos no complexo mundo das comunidades intencionais.

Existen moitos xeitos diferentes de establecer legal e financeiramente unha comunidade. A continuación descríbense diversos aspectos, indicando cando se corresponden a algunha destas tres descritas na web: Canon Frome Court, Old Hall e Redfield.

1. Intimidade/privacidade fronte a comunalidade

a. Vida grupal
• Separada: unidades independentes, algúns recursos compartidos
• Comunal: gran “familia” ou varios grupos, todos os recursos compartidos, comidas conxuntas; Redfield

b. Propiedade
• Propiedade privada: compra e venda dunha unidade concreta, unidades hipotecables; Canon Frome
• Propiedade colectiva (compra con cota de entrada): compra-arrendo dunha unidade concreta, o valor da participación increméntase co mercado inmobiliario; Old Hall
• Propiedade colectiva: sen participación financeira, o aluguer non está ligado a unha unidade concreta; Redfield

c. Finanzas
• Separadas: só contribucións de mantemento; Canon Frome
• Maioritariamente separadas: contribucións de mantemento, proxectos colectivos específicos
• Fondo de ingresos: proporción substancial dos ingresos xuntados e xestionados como fondo común; Redfield
• Ingresos compartidos: xuntar todos os ingresos, normalmente dun negocio de propiedade ou xestión conxunta


2. Opcións da estructura legal da propiedade

a. Propiedade privada
• Posible límite de propietari*s legais –“propietari*s” en adiante- (ata catro en Inglaterra e Gales, sen límite en Escocia)
• Necesidade de cambiar as escrituras se un/ha “propietari*” se marcha
• *s “propietari*s” poden romper os termos da hipoteca mediante un subarrendo
• *s “propietari*s” poderían vender cando quixesen (sen protección para os outros membros)
• *s “propietari*s” teñen toda a responsabilidade

b. Sociedade (Partnership)
• A partir de dúas persoas (límite de catro en Inglaterra e Gales)
• O nome da sociedade aparece nas escrituras da propiedade
• Pode redactar as súas propias normas e obxectivos
• En Inglaterra e Gales, a propiedade é d*s soci*s a nivel individual; en Escocia pode pertencer á sociedade como tal

c. Fundación (Trust)
• *s fideicomisari*s poseen a propiedade en nome d*s beneficiari*s
• A escritura da fundación é un documento privado e non ten que ser rexistrado
• As accións d*s fideicomisari*s están rexidas polas Actas de Fideicomisari*s
• Sen límite de número de propietari*s, pero en Inglaterra e Gales só catro nomes nas escrituras da propiedade
• Se un/ha fideicomisari* se marcha, as escrituras e a hipoteca teñen que enmendarse

d. Compañía (Company)
• Compañía privada limitada, rexistrada en Companies House
• Artigos e Memorandum da Asociación rexistrados co Rexistro de Compañías
• Sen os beneficios fiscais doutras opcións
• Improbable conseguir unha hipoteca

e. Organización benéfica (Charity)
• En Inglaterra e Gales, rexístrase na Comisión de Organizacións Benéficas; en Escocia non se rexistra, pero o borrador das escrituras ten que ser aprobado polo Inspector de Impostos
• As compañías e fundacións poden ser organizacións benéficas, pero non cooperativas
• Dereito a exencións fiscais e obtención de cartos públicos
• Fins: promover a educación, axudar ás persoas empobrecidas, relixiosos ou beneficiar á sociedade

f. Cooperativas de vivenda (Housing Co-ops)
• Normalmente rexistradas nun rexistro xunto a sindicatos, asociacións de vivenda e outros clubs e asociacións
• Sen ánimo de lucro; os beneficios non se distribúen ás/aos don*s do capital (sen dividendos por participacións, xuros dos préstamos limitados)
• Só pode obter cartos aloxando aos seus membros; para outros ingresos tería que crear un organismo diferente
• Organismo anónimo (pseudo-individual, pode obter préstamos...)
• Responsabilidade limitada, como as compañías privadas
• Catro membros mínimo
• Un membro, un voto (non como nas compañías privadas, que depende do número de participacións)
• Exención de impostos empresariais, agás para os ingresos diferentes aos das vivendas (p. ex. xuros das contas bancarias)

Luns, 01 de Xaneiro de 2007
Por: s_d_xira | Inglaterras | Comentarios (0) | Referencias (0) | 559 Lecturas

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Búsqueda

Arquivos

Comentarios

Fotos

www.flickr.com
Fotos no flickr de Utopías para Caminar. Fao o teu propio álbum aquí.

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Creative Commons
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons.

ecoestadistica.com
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009