Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
galego castellano english
Utopías pra camiñar
de xira por comunidades e ecoaldeas

TORRI SUPERIORE

www.torri-superiore.org
+39 0184215504 / 0184215290

Esta asociación cultural, cooperativa e comunidade emplázase na parte alta de Torri, pobiño interior a 10 qm. de Ventimiglia, ao carón da fronteira francesa. Trátase dun conxunto de edificios do s.VIII, que están sendo progresivamente restaurados e rehabitados dende 1989 por xente provinte de Italia e Alemania. Actualmente viven 16 adult*s de ata uns corenta e pico anos e vari*s peques.

As actividades principais son a restauración dos 160 espacios que o compoñen, respectando os materiais locais e formas orixinais, e a xestión de aloxamentos e restaurante. Ademais, cultívase a horta, fanse pezas de cerámica, clases de ioga, actividades socio-culturais, queixo de cabra, aceite de oliva, xabrón…

É unha das fundadoras da Rede Italiana de Ecoaldeas-RIVE e forma parte da Rede Global de Ecoaldeas-GEN, da cal coordinaron a oficina principal de GEN-Europa de 1999 a 2003. Tamén organizan cursos relacionados coa toma de decisións por consenso, creación dunha ecoaldea, sostenibilidade, ecoturismo e permacultura, sendo tamén membro fundador da Academia Italiana de Permacultura. Aparte dos campos de traballo con voluntariado internacional en colaboración con Legambiente, reciben voluntari*s individuais. Así, tras anos ofrecendo intercambio de traballo por aloxamento e manutención, as condicións que ofrecían cando eu fun eran unha mestura entre voluntariado e vacacións, traballando 4 horas e pagando 15€ por día (consultar condicións para estancias de varias semanas).

Teléfono público e acceso a internet. Falan italiano, alemán, inglés, francés, holandés e unha delas castelán (Patti). Hai unhas poucas cabras, galiñas, gatos e can. Por último, a comida faise con productos biolóxicos e locais, maioritariamente mediterránea e vexetariana. Pasta, pasta, pasta! Ñam, ñam, ñam!


BUS dende Ventimiglia

ESTADÍA: 14-20 xuño´06

Aparece en Eurotopia

Enlace a FOTOS

Mércores, 30 de Agosto de 2006
Por: s_d_xira | Italias | Comentarios (0) | Referencias (0) | 89 Lecturas

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Búsqueda

Arquivos

Comentarios

Fotos

www.flickr.com
Fotos no flickr de Utopías para Caminar. Fao o teu propio álbum aquí.

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Creative Commons
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons.

ecoestadistica.com