Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
galego castellano english
Utopías pra camiñar
de xira por comunidades e ecoaldeas

LONGO MÄI (Limans)

www.longomai.org
+33 (0) 492730598 / 492731356


Longo Mäi (que non significa “maio longo”, senón “longa vida”) é un conxunto de Cooperativas Europeas, sendo esta visitada de Limans a máis antiga e grande delas. Situada na rexión de Provenza, foi fundada en 1973 por xente de diversos países europeos coa intención de plasmar na práctica un proxecto colectivo de vida tralas mobilizacións de maio’68.

Entre 60 e 80 persoas de 0 a 60 anos comparten a economía (ingresos e gastos) e grandes e diversas infraestructuras, estando as vivendas distribuídas entre casas, caravanas e carromatos, ademais dunha casa de hóspedes.

As actividades principais e fontes de ingresos son: carne de ovella, roupa de lá, pan, productos derivados de flores e prantas (aceites, colonias, cremas), xestión dun complexo de turismo rural a varios qms., conservas de froitas e verduras. Outras actividades e espacios son: grandes hortas biolóxicas (froita, verdura, cereais, prantas aromáticas e medicinais...); bioconstrucción (restauración tradicional, casas de palla); Radio Zinzine, con difusión rexional e dende 1981; obradoiros de madeira e mecánica de vehículos e maquinaria agrícola; elaboración de cervexa en proxecto; oficina informatizada; publicacións; dinamización política-social; etc.

Ademais de centos de ovellas, hai cabras, porcos, cabalos, galiñas, ocas, cans e gatos. A comida elaborada por turnos na cociña industrial altérnase entre omnívora e vexetariana. Os idiomas falados son múltiples: francés, alemán, inglés, castelán (Lourdes e Cristina)... Teléfono e internet.

Compaxinando dende o comezo a súa propia actividade cos acontecementos de inxustiza a nivel internacional, teñen feitas campañas de apoio e acollida a refuxiad*s no golpe de estado chileno aquel primeiro 11-S de 1973 e en sucesivos conflictos como a represión no Salvador e Nicaragua. Asimesmo, estes últimos anos levan actuando como observador*s internacionais trala explosión racista en El Ejido (en colaboración co andaluz Sindicato de Obreros del Campo-SOC e outras organizacións), denunciando en Europa a sobreexplotación e as míseras condicións de vida da poboación inmigrante nese impresionante “mar de plástico”, visible dende a lúa e con saída diaria de 1000 camións.

Quedeime coa impresión de que a parte da xente non lle facían moita gracia as visitas, cousa que entendo parcialmente, aínda que quizais fose debido ao difícil momento emocional polo que estaban pasando...

A rede Longo Mäi consta de 5 cooperativas no sudeste de Francia, 2 en Suiza e 1 en Alemania, Austria, Ucrania e Costa Rica. En Francia, La Cabrery adícase ao viño e Mas de Granier á venda directa de cestas coa súa producción biolóxica. Nas Españas teñen relación coa comunidade Los Apisquillos, en La Puebla de la Sierra da serra madrileña, onde xente nada en LM está vivindo alí (tlf. 918696004).


TREN: La Brillanne (a 15 qm., liña Marsella-Veynes Devoluy??)
BUS: Forcalquier (a 5 qm., saída dende Marsella)

ESTADÍA: 2-10 xuño´06

Outra cooperativa Longo Mäi (St. Martin de Crau) aparece en Eurotopia

Enlace a FOTOS

Mércores, 30 de Agosto de 2006
Por: s_d_xira | Francias | Comentarios (0) | Referencias (0) | 63 Lecturas

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Búsqueda

Arquivos

Comentarios

Fotos

www.flickr.com
Fotos no flickr de Utopías para Caminar. Fao o teu propio álbum aquí.

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Creative Commons
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons.

ecoestadistica.com