Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
galego castellano english
Utopías pra camiñar
de xira por comunidades e ecoaldeas

LE SALVET

+33 (0) 467970847

Esta é a historia de Jean Louis, quen mercou esta gran extensión en 1996, tras levar dende 1989 traballando con flores e prantas. Caroline instalouse con el en 2002, teñen unha filla nada en 2004 e outra criatura que nacerá a finais de 2006. A case media hora en coche do pobo máis cercano, a finca sitúase nuns montes do Languedoc.

Á parte da familia permanente, funciona como unha comunidade temporal con voluntari*s (wwoofers ou non) que residen alí dende uns días ata varios meses. As tarefas principais son a recolección de flores e prantas (tanto na propia finca como nos montes da rexión) e o seu secado, para a elaboración e venda de siropes e prantas para infusións. Teñen a intención de irse adicando máis á elaboración doutros productos (aceites, cremas...).

Durante a miña estancia levábase un ritmo intensivo de traballo, quedando a elección persoal os intres ou días de descanso.

Conta cunha casa con dependencias comúns, unha casa de madeira para secado (ver fotos) e caravanas para aloxamento. Nese intre estaban en proceso de conseguir electricidade e construíndo novas casas. Tamén estaban comezando a cultivar vexetais para autoconsumo, polo que de momento dependían moito do exterior. Esta agradable xente fala francés e inglés. A dieta é vexetariana e ás veces omnívora. Teléfono.


BUS: St. Étienne d´Albagnan (liña Montpellier-St. Pons)

ESTADÍA: 26 maio-1 xuño´06

Membro WWOOF

Enlace a FOTOS

Mércores, 30 de Agosto de 2006
Por: s_d_xira | Francias | Comentarios (0) | Referencias (0) | 60 Lecturas

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Búsqueda

Arquivos

Comentarios

Fotos

www.flickr.com
Fotos no flickr de Utopías para Caminar. Fao o teu propio álbum aquí.

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Creative Commons
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons.

ecoestadistica.com