www.cravirola.com
Comunidade e cooperativa dunhas 10 persoas entre 20 e 40 anos, maioritariamente homes. Está situada nos Alpes, no sudeste de Francia, moi preto da fronteira italiana, e para chegar a ela cómpre camiñar uns 10-15 minutos por unha pista pola que o único vehículo que circula é o tractor. Practicamente non hai veciñ*s ao redor, senón unhas paisaxes preciosas de bosques e montañas.
A actividade principal e fonte de ingresos é a elaboración de queixos, a partir de leite de cabra, ovella e vaca. Esa variedade de leites e de productos (diversos tipos de queixos, uns aderezados con especias, incribles tartas de queixo...) fai que a clientela seguramente acabe mercando algo. Habitualmente teñen un posto no mercado de Cannes e tamén se desprazan a ferias e mercados tanto en Francia como en Italia. O traballo cos queixos conleva grande parte do tempo limpando utensilios e instalacións, darlles a volta e, por suposto, o pastoreo do gando polos arredores, atender os establos e o ordeño mecanizado.
Outras das tarefas neste lugar son a horta e o transporte co tractor dende o aparcadoiro de vehículos ata a granxa e viceversa.
Tanto a casa común principal como a habitación para visitas están coidadas e son confortables. Conta con teléfono e acceso a internet. Tod*s falan francés, e parte del*s tamén inglés. Dieta omnívora. Á parte do gando, hai gatos e cans.
Trátase dun proxecto asentado, aínda que por diversos motivos (aillamento e dificultades cara a dinamización socio-político-cultural na rexión) nese intre estaban en proceso de querer mudarse cara o centro do sur francés.
TREN: La Brigue (5-10 qm., liña Niza-Tende)
ESTADÍA: 7-13 maio´06
Aparece en Eurotopia
Enlace a FOTOS
Mércores, 30 de Agosto de 2006
Por: s_d_xira | Francias | Comentarios (0) | Referencias (0) | 56 Lecturas