Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
galego castellano english
Utopías pra camiñar
de xira por comunidades e ecoaldeas

COMUNIDAD DE LAKABE

lakabeko@yahoo.es
+34 948392002

Esta comunidade e ecoaldea foi “okupada” en 1980 coa vontade de atopar formas de vida comunitarias e sociais, que levasen ás persoas a crear unha sociedade máis xusta e harmoniosa baseada no compartir e o diálogo. Nela habitan unhas 30 persoas, a maioría xoves. Áchase en Navarra (Nafarroa-Euskal Herria), rodeada de montañas e preto do tristemente famoso encoro de Itoiz. A situación “legal” segue sendo a do comezo, é dicir, sen propiedades nin acordos coa Administración.

A súa actividade máis coñecida e fonte de ingresos é a panadería con selo de agricultura ecolóxica. De aí saen pans e doces integrais para distintas poblacións navarras e feiras especiais (Biocultura). Ademais, adícanse á horta, gando, reconstrucción, organización de cursos e xuntanzas, etc.

A economía é compartida: todo é de tod*s. Cos ingresos da panadería, en todos estes anos foron reconstruíndo as dez casas e igrexa abandoadas, respectando tal como eran, e conseguindo unha grande autosuficiencia a nivel enerxético. Teñen placas solares, un aeroxerador e un motor de gasolina, que o usan cando precisan máis enerxía da acumulada por sol e vento; uns poucos litros de combustible á semana de media.

A nivel alimentario, tamén contan con bastantes recursos, dende productos da horta ata consumo ou productos derivados de animais. A dieta é basicamente vexetariana e ocasionalmente con carne biolóxica do seu propio gando. Se non lembro mal, había vacas, porcos, coellos, galiñas, pavos reais…

Distribúense en casas por familias, parellas, individualidades, xoves agrupad*s... As comidas do mediodía son conxuntas, con turnos para cociñar. Durante uns poucos anos nos´80 houbo unha escola autoxestionada no propio pobo, posteriormente foron e seguen indo á escola convencional.

Os primeiros anos non había estrada e todos os transportes foron a pé ou con axuda doutros animais (fariña, pan, materiais de construcción, nen*s…). Tras anos utilizando unha pista de terra, ultimamente construíron unha estrada xusto debaixo do pobo, con enlace ao mesmo.

Política e socialmente estiveron e seguen vinculad*s a distintos movementos sociais (ecoloxista, feminista, “okupación”, antimilitarista…), realizando accións directas non-violentas. Tamén forman parte da Rede Ibérica de Ecoaldeas e da Rede Global de Ecoaldeas (GEN).

En primavera-verán acostuman a organizar campos de traballo e cursos en torno a agricultura ecolóxica, autosuficiencia, elaboración artesanal de productos, bioconstrucción, enerxías renovables, augas grises, creatividade, vida comunitaria, resolución de conflictos, etc.

Entre os idiomas alí falados están castelán, eusquera, catalán, ¿galego?, inglés e francés. Acceso a teléfono.

Lakabe, referente a nivel estatal, xa cumpriu un cuarto de século, e aí seguen, "vivindo o que cremos".


BUS: parada próxima

ESTADÍA: 2 semanas en xullo’04

Aparece en Eurotopia

Mércores, 30 de Agosto de 2006
Por: s_d_xira | Españas | Comentarios (0) | Referencias (0) | 441 Lecturas

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Búsqueda

Arquivos

Comentarios

Fotos

www.flickr.com
Fotos no flickr de Utopías para Caminar. Fao o teu propio álbum aquí.

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Creative Commons
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons.

ecoestadistica.com