É o libro-guía que usei de base á hora de coñecer e seleccionar destinos. Son 400 páxinas con máis de 300 comunidades e ecoaldeas en 23 Estados europeos (e Israel), con información de cada unha, contactos e autodescricións. Tamén inclúe mapas, organizacións en rede, enderezos útiles, bibliografía e artigos sobre diversos aspectos da vida comunitaria.
Publican edicións en varios idiomas (principalmente alemán e inglés). Consulta as dispoñibles na súa web (2007-alemán, 2005-inglés...). Custa uns 20€ por internet (con descontos pedindo varios exemplares). Hai unha edición en castelán de 2001, aínda que estará bastante desfasada (pode ou podía conseguirse a través de GEA).
Martes, 01 de Agosto de 2006
Por: s_d_xira | Varios | Comentarios (0) | Referencias (0) | 271 Lecturas