Todas as comunidades descritas nesta web teñen varias características comúns (agás indicación diferente). Co fin de non repetilas en cada ficha e dar unha perspectiva xeral, paso a enuncialas de seguido:
• A organización interna non é xerárquica, é dicir, non existen xefes nin xefas. O máximo organo de decisión é a asamblea, onde todos os membros teñen o mesmo dereito a voz e “voto”.
• A toma de decisións faise por consenso, variando de comunidade en comunidade que as votacións queden excluídas ou como último e non desexable recurso.
• O tipo de agricultura (e a gandería no seu caso) recibe o nome de agricultura ecolóxica, biolóxica, orgánica ou biodinámica. Consiste en obter alimentos da máxima calidade conservando a fertilidade da terra e respectando o medio ambiente, mediante a utilización óptima dos recursos naturais e sen empregar productos químicos de síntese, nin organismos xeneticamente modificados (transxénicos).
• Contan cun sistema, máis ou menos organizado, de acollida de voluntari*s. Consiste en ofrecer aloxamento, manutención e participación na vida comunitaria a cambio de traballar entre 30-40 horas semanais. As tarefas a realizar poden ser principalmente agrícolas ou tamén domésticas e de mantemento, por exemplo.
Os contidos das fichas están elaborados a partir de textos meus e de traduccións de textos das propias comunidades.
As fichas non pretenden ser exhaustivas, senón dar unha idea xeral con máis ou menos información. A omisión dalgún dato particular non implica nada en concreto.
Os termos “comunidade” e “ecoaldea” (como podes ler nos seus artigos correspondentes) poden resultar algo ambiguos, así que non todos os lugares reseñados se poderían etiquetar así. De feito, resúltame máis doado calificalos de comunidades (grupo humano permanente cun maior grao de cousas en común que na sociedade convencional) que de ecoaldeas. Aínda así, tamén inclúo algún lugar que non responde a ningún dos dous conceptos, pero considero igualmente interesante difundir.
FICHA MODELO
• Nome da comunidade
• Páxina web, correo-e ou enderezo postal
• Teléfono: exemplo +33 (0) 12345555 / 12347777
+33: código internacional (dende España equivale a marcar 0033)
(0): código a marcar estando nese país, non dende fóra
12345555 / 12347777: número(s) particular(es)
• Data e orixes da fundación
• Número de residentes permanentes (ademais, pode haber voluntari*s de curta ou longa duración)
• Estructura legal
• Propiedade, aluguer, cesión, okupación...
• Localización xeográfica aproximada
• Descrición do entorno
• Obxectivos / principios
• Actividades principais e fontes de ingresos
• Características destacables (p. ex. enerxías renovables e tratamento de residuos)
• Apuntes sobre os productos cultivados
• Animais non-humanos presentes
• Idiomas falados (indicando se alguén en concreto fala algunha lingua da Península Ibérica)
• Disposición de teléfono público ou acceso a internet
• Tipo de dieta
• Movementos sociais ou redes das que forman parte
• Impresións persoais máis polo miúdo
• Parada máis cercana de transporte público (indicación da liña e distancia no caso de estar a varios qms.)
• Data e duración da miña estancia
• É membro de WWOOF? Aparece en Eurotopia?
• Enlace a fotos
Martes, 01 de Agosto de 2006
Por: s_d_xira | Varios | Comentarios (0) | Referencias (0) | 262 Lecturas