Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
galego castellano english
Utopías pra camiñar
de xira por comunidades e ecoaldeas

Importante

Suxerencias, consellos, recomendacións, advertencias…:

O primeiro e máis importante é que sempre contactes co lugar elixido antes de desplazarte. Aínda que penses que leven un estilo de vida máis libre, iso non significa que teñan que ter as portas abertas a todo o mundo e en todo intre. Por tanto, cómpre contactar antes coa comunidade, expor as túas intencións e concretar o mellor xeito e datas para visitala (no caso de que sexa posible).

Outra idea é decatarse de que acoller a visitantes require certa adicación, e que pode que se espere algo de ti máis alá de simplemente difundir determinados estilos de vida non convencionais, a saber: busca de novos membros; empaparse de novas caras, ideas e opinións; conseguir ingresos polas visitas; conseguir colaboración nas súas tarefas; etc.

Para evitar malentendidos podes intentar informarte do lugar en cuestión (internet, publicacións propias ou alleas…). Nas túas estancias terás grandes ou pequenas decepcións: que se isto non é como eu pensaba, que se deberían funcionar destoutro xeito, que se deberían ter solucionado tal cousa mellor que o resto da sociedade, que se a dieta que levan non vai comigo, que se usan demasiada ou moi pouca tecnoloxía, que se hai contradiccións entre a súa autodescrición e a práctica cotiá, que se non consigo ese ligue que segredamente agardaba… Noutras palabras, poderías converterte nunha víctima das túas expectativas non expresadas.

Lembra que estás nun lugar que é o fogar doutra xente, por tanto intenta evitar o “efecto zoo”: non sexas demasiado curioso ou agresivo. Ou ti sempre amosas ás visitas cada rincón da túa residencia e falaslles espontaneamente sobre os aspectos máis íntimos da túa vida diaria?

Asimesmo, aínda que esteades compartindo parte das vosas vidas, iso non implica que sempre vaias estar acompañad*. De feito, podes chegar a sentirte bastante so/a en determinados intres en que a xente simplemente siga o seu ritmo habitual de vida.

Ten en conta as instruccións orais e escritas. Se tes dúbidas, é preferible preguntar a quedarte con elas, xa que poden xerar situacións desagradables para tod*s.

Un dos mellores xeitos de abrir portas, de xerar confianza e entendemento mutuo, é o traballo colectivo.

Contribúe sen dubidalo coas túas habilidades, pero sen forzar á comunidade. Se estás presente nalgún plenario ou outra reunión grupal, pensa dúas veces antes de participar. Decátate de que estás de paso e que non coñeces en profundidade esa comunidade e todo o que lle atinxe.

Non deixes que alguna destas ou doutras observacións repriman o teu entusiasmo!

Por último, lembra que a túa visita só te amosou algúns fragmentos da vida do proxecto. Noutra época, estación ou disposición túa, a visita podería ter sido totalmente diferente. Quizais certos membros non estaban alí, quizais a atmosfera estaba influenciada por un asunto temporal, quizais, quizais, quizais…

[baseado no artigo “About putting your foot in it…” de Eurotopia]

Martes, 01 de Agosto de 2006
Por: s_d_xira | Varios | Comentarios (0) | Referencias (0) | 243 Lecturas

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Búsqueda

Arquivos

Comentarios

Fotos

www.flickr.com
Fotos no flickr de Utopías para Caminar. Fao o teu propio álbum aquí.

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Creative Commons
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons.

ecoestadistica.com
LaInformacion.com lainformacion.com - Medio Oficial de los Premios Bitacoras 2009