Laburo España: 250.000 ofertas de empleo
galego castellano english
Utopías pra camiñar
de xira por comunidades e ecoaldeas

Agradecementos

En primeiro lugar, a existencia desta web non sería posible sen a inestimable colaboración do meu amigo Marcial, duplicándose como se non tivese xa bastante coa súa propia bitácora O mundo de Birnarem (interesante escolma de artigos de información e denuncia, convocatorias na Coruña e Galiza, e moito máis).

A Mariajo por todo o que me ten aportado no tempo que levamos xunt*s. Por poñerme as pilas e facerme ver aspectos da miña forma de ser.

A tod*s *s que nalgún intre me acolleron nalgunha das miñas viaxes ou estancias prolongadas. Vós sabedes quen sodes. O concepto de “fogar” ou “casa permanente” hai tempo que deixou de formar parte da miña vida, e poder sentirse así puntualmente é algo que agradezo moitísimo.

A toda a xente que loita por un mundo máis xusto, por unhas condicións de vida máis dignas aquí e alá, e por unha transformación real da sociedade.

Martes, 01 de Agosto de 2006
Por: s_d_xira | Varios | Comentarios (0) | Referencias (0) | 107 Lecturas

Comentarios

Comentar


Recordar datos

Búsqueda

Arquivos

Comentarios

Fotos

www.flickr.com
Fotos no flickr de Utopías para Caminar. Fao o teu propio álbum aquí.

Sindicación

Añadir a Feedness
RDF XML ATOM

Creative Commons
Esta obra está baixo unha licencia de Creative Commons.

ecoestadistica.com