Ante un sistema que antepón o beneficio económico a todo o demais; onde as diferencias entre riqueza e pobreza son abismais, increméntanse e pra que exista a primeira é necesaria a segunda; onde a democracia real brilla pola súa ausencia e a xente ten unha limitada capacidade de decisión sobre o que lle concerne; onde a alienación mediante o mercado laboral e o consumismo pretende converternos en meros instrumentos que usar e tirar; onde o dano feito ao planeta nunca fora maior e o consumo de recursos condúcenos ao seu agotamento...
Ante tal situación, xurden alternativas como as descritas nestes cadernos de viaxe, que non son nin pretenden ser as únicas nin a solución a todos os problemas por si soas, aínda que si constitúen experiencias reais que poden dar ideas de como afrontalos. Tamén amosan que son factibles outros xeitos de vivir e de relacionarse máis xustos e beneficiosos para todo o mundo.
Trátase dunha serie de lugares que levo visitando, información obxectiva e subxectiva sobre eles, xunto con algunhas imaxes dos mesmos. Distintas maneiras de levar á práctica ideas afins dende diferentes puntos de partida.
En introducción e ficha modelo descríbense características comúns a todas as comunidades e ofrécese unha guía do contido das fichas.
Que che cunda a navegación ! ! !
Luns, 01 de Xaneiro de 2007
Por: s_d_xira | Varios | Comentarios (0) | Referencias (0) | 103 Lecturas
Neste texto atoparás, en primeiro lugar, impresións comúns sobre as comunidades inglesas visitadas e, logo, características salientables de Inglaterra.
continúa lendo 'Impresións xerais'...
Luns, 01 de Xaneiro de 2007
Por: s_d_xira | Inglaterras | Comentarios (0) | Referencias (0) | 91 Lecturas
www.stewardwood.org
+44 (0) 8454581926
Na cidade de Exeter tomei un bus cara Moretonhampstead, dende onde tiña escritas as indicacións pra chegar ao meu sexto e derradeiro destino en Inglaterra. Ao pouco de saír de Exeter, o bus enfilou unha estrada estreita e chea de curvas e costas que discorría entre pastos e bosques, adentrándose no habitado Parque Natural de Dartmoor (Devon). Vamos, como se estivese nalgunha paraxe da Galiza rural. Tras unha camiñata de vinte minutos, cheguei ao aparcadoiro da comunidade, onde remata o acceso pra vehículos. Outros tres minutiños por un camiño levoume á zona do asentamento, onde se reparten as estructuras que sirven de vivendas persoais e espacios comunais.
continúa lendo 'STEWARD COMMUNITY WOODLAND'...
Luns, 01 de Xaneiro de 2007
Por: s_d_xira | Inglaterras | Comentarios (0) | Referencias (0) | 77 Lecturas
www.braziers.org.uk
+44 (0) 01491680221
Braziers Park é unha comunidade, un colexio residencial e un tesouro arquitectónico oculto en Oxfordshire, entre Reading e Oxford. Fundouse en 1950 como unha fundación educacional, sendo todavía un continuo experimento nas ventaxas e os problemas da convivencia grupal. Os membros da comunidade comparten a responsabilidade de xestionar o colexio e o patrimonio.
continúa lendo 'BRAZIERS PARK'...
Luns, 01 de Xaneiro de 2007
Por: s_d_xira | Inglaterras | Comentarios (0) | Referencias (0) | 81 Lecturas
www.oldhall.org.uk
+44 (0) 1206298045 / 1206298294
En 1974 comeza a historia desta comunidade, cando un grupo de –orixinalmente- “socialistas de clase media” mercan o que previamente fora casa solariega, convento de monxas e, xusto antes, de frades franciscáns. Unhas 60 persoas conviven nesta propiedade con grandes edificacións e terras nun pequeno pobo entre as rexións de Suffolk e Essex.
continúa lendo 'OLD HALL COMMUNITY'...
Luns, 01 de Xaneiro de 2007
Por: s_d_xira | Inglaterras | Comentarios (0) | Referencias (0) | 84 Lecturas
www.canonfromecourt.org.uk
+44 (0) 8707650711
Esta granxa-comunidade fundouse en 1979 trala adquisición dunha casona de estilo xeorxiano e as terras circundantes no condado de Herefordshire. Nela viven ao redor de 45 persoas (adut*s e menores) de ata uns setenta anos, repartidas en 18 vivendas totalmente equipadas entre o edificio principal e o bloque dos outrora establos. Unha asociación de co-propietari*s da vivenda é a propietaria e xestora da mesma.
continúa lendo 'CANON FROME COURT COMMUNITY'...
Luns, 01 de Xaneiro de 2007
Por: s_d_xira | Inglaterras | Comentarios (0) | Referencias (0) | 51 Lecturas
www.covpeacehouse.org.uk
+44 (0) 2476663031 / 2476664616
Esta “Casa da Paz” ubícase a 1’5 qm. do centro de Coventry (West Midlands). Tres persoas desenrolaron entre 1997-98 o proxecto pra establecer unha “fully mutual housing co-operative” como estructura legal pra unha comunidade permanente baseada na non-violencia. Mediante unha hipoteca co banco Triodos e préstamos de amistades, mercaron por 50.000 libras seis pequenas casas de dous pisos que estaban baleiras, a onde se mudaron a comezos de 1999. O xeito de funcionar dunha “cooperativa completamente mutua de vivenda” é que os membros son persoas que viven nela, pagan un aluguer e este amortiza a hipoteca. Non hai propiedade privada particular nin un ente exterior que a controle. Vivindo alí é como se administrases a propiedade, e cando te vas, simplemente vaste.
continúa lendo 'COVENTRY PEACE HOUSE'...
Luns, 01 de Xaneiro de 2007
Por: s_d_xira | Inglaterras | Comentarios (0) | Referencias (0) | 65 Lecturas
www.redfieldcommunity.org.uk
+44 (0) 1296713661
As súas edificacións, de época victoriana, datan dos séculos XVIII-XIX e están rodeadas de pastos, bosque e terras de cultivo. Inicialmente construído pra unha familia rica, posteriormente utilizouse como hospital e como base de operacións do "proxecto Enigma" na Segunda Guerra Mundial, ata que dende 1978 é o fogar dunha comunidade intencional, contando actualmente cunhas 20 persoas adultas e vari*s menores.
continúa lendo 'REDFIELD COMMUNITY'...
Luns, 01 de Xaneiro de 2007
Por: s_d_xira | Inglaterras | Comentarios (0) | Referencias (0) | 72 Lecturas
Texto baseado no dossier “Living in communities” de Redfield (atopado e fotocopiado en Braziers Park). Os termos descritos corresponden aos utilizados en Gran Bretaña, polo que quizais algún non teña equivalente noutros territorios, aínda que considero que dan boa conta dos distintos modelos no complexo mundo das comunidades intencionais.
Existen moitos xeitos diferentes de establecer legal e financeiramente unha comunidade. A continuación descríbense diversos aspectos, indicando cando se corresponden a algunha destas tres descritas na web: Canon Frome Court, Old Hall e Redfield.
continúa lendo 'Comparativa entre comunidades (tipos e estructuras de comunidade)'...
Luns, 01 de Xaneiro de 2007
Por: s_d_xira | Inglaterras | Comentarios (0) | Referencias (0) | 115 Lecturas
lakabeko@yahoo.es
+34 948392002
Esta comunidade e ecoaldea foi “okupada” en 1980 coa vontade de atopar formas de vida comunitarias e sociais, que levasen ás persoas a crear unha sociedade máis xusta e harmoniosa baseada no compartir e o diálogo. Nela habitan unhas 30 persoas, a maioría xoves. Áchase en Navarra (Nafarroa-Euskal Herria), rodeada de montañas e preto do tristemente famoso encoro de Itoiz. A situación “legal” segue sendo a do comezo, é dicir, sen propiedades nin acordos coa Administración.
continúa lendo 'COMUNIDAD DE LAKABE'...
Mércores, 30 de Agosto de 2006
Por: s_d_xira | Españas | Comentarios (0) | Referencias (0) | 287 Lecturas